As patoloxías auditivas tradúcense na meirande parte dos casos nunha perda auditiva que afecta á calidade de vida do doente por modificar de xeito significativo a forma na que a persoa se relaciona co seu entorno. Estas perdas auditivas poden ser condutivas, neurosensoriais ou mixtas.
A perda de audición condutiva prodúcese cando a lesión no oído externo ou medio impide que as vibracións sonoras alcancen o oído interno ou cóclea.
Combinación das anteriores en canto á orixe e as súas características.
A otite é unha inflamación do oído causada, xeralmente, por unha infección. Pode afectar ás partes internas ou externas do oído, sendo aguda se comenza súbitamente e a súa duración é breve ou crónica cando non desaparece ou é recurrente, podendo chegar a causar ao oído un dano prolongado.
Son formacións óseas benignas, xeralmente bilaterais, que aparecen nas paredes anteroinferior e posterior do conduto auditivo externo. Xera un estreitamento da luz do conduto, impedindo a correcta transmisión do son.
É una tumoración benigna situada no oído medio. Pode agrandarse facendo que se rompan algunhas estruturas do oído, afectando á audición e ao equilibrio e incluso ao correcto funcionamento dalgúns músculos faciais.
É unha afección dos ósos do oído medio, debido á súa remodelación e resorción progresiva con proliferación vascular, que pode provocar perda de audición ao impedir a vibración desta cadea osicular e por derivación, a transmisión.
Trastorno polo cal unha persoa percibe ruídos tales como zumbidos, pitidos, chasquidos ou pulsacións, xerados polo cerebro en forma de impulso nervioso sonoro e que non dependen dunha fonte de son externa que os orixine.
A hipoacusia ou deficiencia auditiva é un trastorno sensorial que consiste na incapacidade para escoitar certos sons a certa intensidade e que dificulta a comunicación falada.
Aquelas perdas auditivas orixinadas polo deterioro fisiolóxico debido ao avance da idade e cuxo inicio situariamos en torno aos 55 anos aproximadamente.